Palabras con memoria: agra das palabras

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.
O carballo cerqueiro é aquel que nace a carón dun carballo adulto e que, se ten un avultamento onda a raíz, pode valer para 'pau de moca'. (Foto: Nós Diario)
photo_camera O carballo cerqueiro é aquel que nace a carón dun carballo adulto e que, se ten un avultamento onda a raíz, pode valer para 'pau de moca'. (Foto: Nós Diario)

carballo cerqueiro (ou cerquiño).- O que nace a carón dun carballo adulto e que, se ten un avultamento onda a raíz, pode valer para 'pau de moca'.
Lugar de escoita.- Sabucedo (A Estrada).
Fonte.- Glosario da Rapa de Sabucedo de Manuel Cabada Castro e Roi Vicente Monteagudo.

caxiga.- Rebola noviña.
Lugar de escoita.- Navia de Suarna.
Fonte.- Toño Núñez.

desourelar.- Empezar a gadañar a herba dun prado polas beiras ou ourelas para despois poder facelo á feito.
Lugar de escoita.- Parroquia de Son (Navia de Suarna).
Fonte.- Raquel/Endl Navia de Suarna.

esgarolado.- Baleiro, oco por dentro.
Lugar de escoita.- O Courel.
Fonte.- Dun vocabulario courelao.

ferruxo/ferruxeiro.- O primeiro termo refírese ao "martelo" e o segundo ao "ferreiro".
Lugar de escoita.- Bisbarra de Bergantiños.
Fonte.- Alberte Suras.
Outros apuntamentos.- É moi posíbel que derive da xiria dos canteiros.

Comentarios