A dobraxe galega coa Iniciativa Xabarín

Apoio dos profesionais da dobraxe a unha canle Xabarín. Vídeo no interior.
video

Antón Rubal, Xulia Rigueiro, Luís Iglesias, Nora Abad, Monti Castiñeiras, Tere Santamaría e Tacho González poñen voz e cara nun vídeo no que se reivindica "poder ver ficción internacional en galego e que os de fóra tamén podan ver ficción galega en galego e nas súas linguas".

Os profesionais mostran o seu apoio á Iniciativa Xabarín, impulsada pola Mesa e que reuniu máis de 33.000 sinaturas á ILP para instar o Goberno galego a tomar as medidas precisas para que a CRTVG aumente a oferta en galego destinada á infancia e á mocidade nas televisións públicas a través dunha canle "Xabarín".

 

Comentarios