Cal será a Palabra do Ano 2020?

A Real Academia Galega e a Fundación Barrié abren hoxe, 1 de decembro, o prazo para propoñer palabras aspirantes a se converter na Palabra do Ano 2020

palabra do ano 2020
photo_camera (Foto: RAG)

Decidir a palabra que identifica o ano que remata. Esa é a finalidade da Palabra do Ano. A última palabra terana as persoas que participen nesta iniciativa, que constará de tres fases.

A primeira, a de proposta de termos, permanecerá aberta até o domingo 13 de decembro ás 23:59 horas. Posteriormente, do 14 ao 25 de decembro, someteranse a votación telemática os máis significativos e máis repetidos na primeira fase.

O l28 de decembro darase a coñecer a Palabra do Ano 2020.

Dende 2014 o Portal das Palabras convida ademais a todas as persoas que o desexen a participar na escolla da Palabra do Ano. Nas edicións anteriores foron escollidas sentidiño (2019deseucaliptización (2018), afouteza (2017), irmandade (2016) —coincidindo co centenario das Irmandades da Fala—, refuxiado, -a (2015) e corrupción (2014).

O Portal das Palabras é un proxecto da Real Academia Galega e a Fundación Barrié para a modernización do traballo lexicográfico e a divulgación da nosa lingua. C

Comentarios