Autopistas del Atlántico responsabiliza a Xunta da deturpación de topónimos na súa autoestrada

A Mesa dirixiuse á empresa tras recibir numerosas queixas por letreiros como 'La Toja' nesa vía de comunicación.

la toja

Que letreiros deturpados como os de 'Isla de La Toja' existan na AP9 é responsabilidade da Axencia de Turismo de Galiza, dependente da Xunta. Así llo comuniciou a propia empresa, 'Autopistas del Atlántico', á Mesa pola Normalización Lingüística. A MNL recibira, a traves da Liña do Galego, numerossas queixas de usuarios da autoestrada polos letreiros con topónimos deturpados. Por iso esta entidade se dirixiu a “Autopista del Atlántico” a fin de exixirlles o cumprimento da legalidade, que establece que a única forma válida dos topónimos é a galega.

Na súa resposta, “Autopistas del Atlántico, CESA” responsabiliza directamente á Axencia de Turismo de Galiza da colocación dos sinais, afirma A Mesa., que denuncia a vulneración da escasa lexislación que ampara o galego “por parte da mesma institución que ten obriga de defendela, a Xunta de Galiza”. A MNL nsta o goberno autonómico a repor “inmediatamente a toponimia galega, a única correcta e legal”.

Comentarios