A onomástica nacida da terra

Arcai, Aríns, Arixón, Arnoia e Arousa

Illa de Arousa. (Foto: Héitor Picallo)
Con independencia dos datos que poidamos recoller sobre este puñado de apelidos e topónimos que a continuación analizaremos, non co rigor dos especialistas pero si co cariño á terra e ao idioma, traeremos canda si un dos feitos castelanizantes máis surrealistas que temos atopado. O apelido Arousa, con demasiada pomposidade aristocrática ou cando menos burguesa, floreceu en antropónimos que hoxe nada teñen que ver coa súa orixe. Distanciouse tanto do mar ou da ribeira que foi caer entres entre rosas de cen follas para nada ao estilo de Cabanillas e si do esperpento de Valle-Inclán.
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.