venres 24/09/21
A onomástica nacida da terra

Arcai, Aríns, Arixón, Arnoia e Arousa

Con independencia dos datos que poidamos recoller sobre este puñado de apelidos e topónimos que a continuación analizaremos, non co rigor dos especialistas pero si co cariño á terra e ao idioma, traeremos canda si un dos feitos castelanizantes máis surrealistas que temos atopado. O apelido Arousa, con demasiada pomposidade aristocrática ou cando menos burguesa, floreceu en antropónimos que hoxe nada teñen que ver coa súa orixe. Distanciouse tanto do mar ou da ribeira que foi caer entres entre rosas de cen follas para nada ao estilo de Cabanillas e si do esperpento de Valle-Inclán.
Illa de Arousa. (Foto: Héitor Picallo) #onomástica #apelidos #onomásticaquenacedaterra #héitorpicallo
Illa de Arousa. (Foto: Héitor Picallo)
Curiosamente nos lugares nos que nace o antropónimo Arcai (Tordoia e Val do Dubra), non queda ren da súa presenza como apelido , malia que si se difunde polas inmediacións: A Coruña, Abegondo, A Laracha, Carral, Oleiros... As entidades…

Debes estar rexistrado para ler este contido

Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.

Rexistrarse
comentarios