“Apúntate, ho!”: campaña no Principado para animar o alumnado a se matricular en galego-asturiano e asturiano

Para o curso 2020-2021.

Manifestación pola oficialidade da lingua (arquivo).
photo_camera Manifestación pola oficialidade da lingua (arquivo).

As consellarías de Educación e de Cultura e Políutica Lingüística do Goberno de Asturies impulsan unha campaña para animar o alumnado a se matricular nas materias de galego-asturiano e asturiano para o curso 2020-2021.

#Apúntate é o nome da campaña, que aparece acompañada de invitacións (“Apúntate, ho!”, “#Vaprestate”...), que se desenvolve a través das redes sociais e da radio e televisión asturiana.

O galego – tal e como lembra o portal lingua.gal- ten falantes en 15 concellos que fan parte do Principado de Asturies: Allande, Boal, Castropol, Coaña, Eilao, El Franco, Grandas de Salime, Ibias, Navia, Pezós, San Martín de Ozcos, Santalla de Ozcos, Santiso de Abres, Tapia de Casarego, Taramundi, A Veiga, Vilanova de Ozcos e Villaión. O filólogo e membro da Real Academia Galega Henrique Costas apontaba en 2014 que entre o Eo e Navia asturiano había por volta de 40.000 galego-falantes.

Comentarios