García Bodaño e o grupo de teatro Airiños de Rianxo entre os Premios da Cultura 2012

Salvador García Bodaño
Os galardóns máis destacados da cultura galega recaen esta edición en Salvador García Bodaño, Manuel Quintana Martelo, o grupo de teatro Airiños de Rianxo, a Fundación Eduardo Pondal, a Asociación Internacional Estudos Galegos, Manuel Rodeiro e Miguel Anxo Fernández.

 

Un xurado formado por representantes da Xunta de Galiza, do Consello da Cultura Galega, das tres universidades, da Real Academia Galega e da Real Academia Galega de Belas Artes, ademais de catro persoas do mundo da cultura, escolleron como premiados nesta edición dos Premios da Cultura Galiza a Salvador García Bodaño na categoría das Letras; o grupo de teatro Airiños (Rianxo) na das Artes Escénicas; Manuel Quintana Martelo na das Artes Plásticas; a Asociación Internacional Estudos Galegos en Promoción Cultural de Galicia; a Fundación Eduardo Pondal en Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural; Manuel Rodeiro en Música; e Miguel Anxo Fernández na modalidade de Creación Audiovisual.

Estes galardóns crearonse no ano 2008 co nome de Premios Nacionais da Cultura Galega. Desde a chegada do PP ao goberno da Xunta non levan o nome de "nacionais" e non dispoñen de dotación económica algunha.