Diálogo poético indio-galego para clausurar “Poetas di(n)versos”

O diálogo entre o galego Francisco X. Fernández Naval e o indio Sudeep Sen pechará hoxe día 11 na Coruña unha nova edición do ciclo “Poetas di(n) versos” coordinado por Yolanda Castaño.

Ás 20.30 horas no Auditorio do Centro Ágora da Coruña terá lugar o peche dunha nova edición do programa poético coordinado e promovido pola tamén poeta Yolanda Castaño. O ciclo que, desde a anterior lexislatura está a ser organizado pola Concellaría de Cultura ofrece un particular deseño no que unha persoa do mundo poético galego se encontra con outra do ámbito internacional.

Neste caso e poñendo fin a esta edición, a directora do ciclo artellou un diálogo entre os versos de Fernández Naval -Premio Vergara Vilariño e Cidade de Ourense de poesía- e o incio Sudeep Sen, un destacado nome da nova xeración de autores indios en lingua inglesa. De Sudeep Sen ven de saír publicada unha selección de poemas en edición bilingüe inglés-galego traducidos pola propia Yolanda Castaño.

O ciclo péchase agora con este encontro poético ate outubro no que se agarda que comece unha nova edición.

Máis en Letras e Ideas
Comentarios