Zelensky di agora que "está disposto a traballar baixo o liderado de Trump" e "listo" para asinar o acordo sobre minerais con EUA

A palabras do presidente ucraíno prodúcense pouco despois de que o presidente estadounidense decidise conxelar a axuda armamentística á Kiev.
Zelenski, o pasado 5 de febreiro. (Foto: Europa Press / Contacto  Ukraine Presidency / Ukrainian)
Zelenski, o pasado 5 de febreiro. (Foto: Europa Press / Contacto Ukraine Presidency / Ukrainian)

[En actualización]

O presidente ucraíno hldixo esta terza feira lamentar a "deriva" que tomou a súa reunión co presidente de Estados Unidos, Donald Trump,a pasada sexta feira no Despacho Oval e avogou por “arranxar as cousas” e renovar “a cooperación e a comunicación” entre ambas as partes dunha forma construtiva.

"A nosa reunión en Washington, na Casa Branca , non saíu como se supoñía. É lamentábel que sucedese desta maneira", admitiu Zelenski nunha mensaxe de X.

“Quero reiterar o compromiso de Ucraína coa paz”, escribiu na súa conta de X despois de que fose acusado por Trump de non estar intinteresado en poñer fin á guerra.

Así mesmo, propuxo como primeiros pasos para unha saída negociada con Rusia a liberación de todos os prisioneiros de ambos os dous bandos e unha tregua marítima e aérea que poña fin tamén aos ataques contra as infraestruturas enerxéticas.

Comentarios