Vaga de protestas en Córsega contra a decisión da xustiza francesa de prohibir o uso do corso no Parlamento da illa

Protesta nunha universaidade corsa contra a decisión xudicial. (Foto: @Ghju_Paolina)

Manifestacións e protestas sucédense na illa contra a decisión dun tribunal de Marsella.

O tribunal administrativo de apelación de Marsella prohibiu a mediados de novembro o uso do corso nos debates do Parlamento de Córsega porque considera que era contrario á constitución francesa.

A decisión xerou un amplo malestar na illa, e varias institucións e organizacións políticas e sociais anunciaron que ían apelar ao Consello de Estado.

"Despréndese das disposicións do artigo 2 da constitución do 4 de outubro de 1958, en virtude do cal a lingua da República é o francés, que o uso do francés imponse ás persoas xurídicas de dereito público e ás persoas de dereito privado no exercicio dunha misión de servizo público", lembrou o tribunal na súa decisión.

Desde entón en difere

ntes cidades e vilas corsas sucédense concentracións, manifestacións e mobilizacións de rexeitamento e denuncia desta decisión.

Segundo informa o medio Corse Net Infos esta mesma semana houbo mobilizacións en diferentes lugares coa participación de centos de persoas. Houbo bloqueos en institutos e universidades e en Ajaccio centos de mozos enfrontáronse á policía, que mobilizou os antidisturbios.

O corso é unha lingua románica, derivada do latín. Non está recoñecida como dioma oficial nesta illa baixo soberanía francesa, tendo só un estatus de 'língua rexional'. A Unesco ten advertido sobre o risco de desaparición deste idioma. En 1980, por volta do 80% dos habitantes da illa tiña algún coñecemento de corso. A porcentaxe caeu o 50% na década dos 90.