Ucraína ataca unha ponte que une Crimea con Khersón
Vladimir Saldo, gobernador do territorio da rexión de Khersón controlado por Rusia, informou esta quinta feira de que catro mísiles entregados polo Reino Unido a Ucraína impactaron na ponte de Chonhar, que une Crimea con Khersón.
Citando diversos analistas, Al Jazeera sostén que o ataque responde ao "temor" ucraíno de que o Exército ruso estea a reabastecer as súas tropas desde Crimea, no medio dunha contraofensiva militar que xa está na súa terceira semana.
O ministro de Defensa ruso, Sergei Shoigu, advertira esta semana que, amais das represalias, o uso de armamento occidental contra Crimea confirmaría a implicación do Reino Unido e dos Estados Unidos na guerra de Ucraína, ao subministrar mísiles de longo alcance.
Desde Kíiv, comunicaron ataques rusos contra as cidades de Odesa e Kryvy Rih, mentres que Rusia recalcou que derrubaron dous drones na periferia de Moscova.