Trump dá luz verde ao inicio do traspaso de poderes a Joe Biden

O presidente dos Estados Unidos deu indicacións para desbloquear o proceso, mais continua sen recoñecer a derrota nas eleicións

EuropaPress_3359343_presidente_estados_unidos_donald_trump (1) (1)
photo_camera Donald Trump (Foto: Europa Press)

Dúas semanas despois de que Joe Biden gañase as eleccións presidenciais en EUA Emily Murphy, a responsábel á fronte do organismo encargado de confirmar os resultados, asinou o documento que dá luz verde a iniciar o proceso para o traspaso de poderes. Un paso que dá despois de  Donald Trump dese esa indicación, se ben o presidente mantense en non recoñecer a súa derrota nos comicios.

“No mellor o interese do noso país, recomendo que Emily e o seu equipo fagan o que se debe facer respecto aos protocolos iniciais e díxenlle ao meu equipo que faga o mesmo”, indicou Donald Trump nun tweet en paralelo ao envío da carta a  Biden.

O presidente electo e a súa vicepresidenta,  Kamala  Harris, celebraron nun comunicado a recepción da carta, “un paso necesario” para garantir “unha transferencia de poder pacífica”

Porén, Donald Trump mantense en non recoñecer a vitoria do seu rival demócrata: “O noso caso segue adiante con forza, seguiremos loitando e creo que gañaremos!”, engadiu  Trump, que nas últimas horas acumulou unha mala nova para as súas aspiracións coa decisión de  Michigan de certificar os resultados e non ceder á pretensión do presidente variar o resultado do voto popular.

O presidente electo e a súa vicepresidenta,  Kamala  Harris, celebraron nun comunicado a recepción da carta, “un paso necesario” para garantir “unha transferencia de poder pacífica”.

Que implica a certificación da súa vitoria? A posta á súa disposición de 6,3 millóns de dólares para gastos como a contratación de persoal, un millón máis para as sesións de formación e de orientación ou o inicio das sesións informativas con membros da actual administración para preparar o relevo de poder.

Comentarios