Catalunya

Torra dá por finalizada a lexislatura e convocará eleccións anticipadas após a aprobación dos orzamentos

 

“Un Goberno non funciona sen confianza nin lealdade”, afirmou o president en referencia a ERC nunha comparecencia convocada sen coñecemento de Esquerra.

quim torra

“Esta lexislatura non ten máis percorrido político". Así iniciou o president Quim Torra o seu discurso institucional esta cuarta feira, unha comparecencia feita sen coñecemento oficial por parte de ERC e na que Torra anunciou eleccións adiantadas e o final da lexislatura.

Falou o president en referencia ao socio de Govern (Esquerra) da "deterioración da confianza mutua máis necesaria ca nunca en momentos decisivos". "O Govern non pode funcionar sen lealdade entre os socios", advertiu tras asegurar que se abriu a súa inhabilitación como president.

Torra asegurou que hai que volver á sinceridade, á unidade e que "os cataláns deben ter un goberno que os represente fielmente". "Nestes momentos nos que constatamos que a lexislatura chega á súa fin”, cómpre a " máxima responsabilidade "e poñer o país por riba dos intereses dos partidos.

Así, asegurou que o país precisa de que se aproben os orzamentos. Tamén sinalou a responsabilidade que ten para explorar a disposición do Goberno español a dialogar e lembrou que a semana que vén se reunirá con Sánchez.

O proxecto de orzmentos chega na tarde desta cuarta feira ao Parlament. As estimacións e cálculos apontan a que as contas poidan estar aprobadas cara ao mes de marzo. Sería entón cando o president, no exercicio das súas competencias, convocaría os comicios. 

Comentarios