The Wall Street Journal conclúe que "Catalunya pode gobernarse á marxe de España"

A forma en que a Generalitat xeriu os atentados de Barcelona e Cambrils -coa rápida desarticulación da célula jihadista- non pasou desapercibida aos ollos da biblia do xornalismo conservador norteamericano, un meio de indubidábel influencia global.

Barcelona após o atentado nas Ramblas. 17 de agosto de 2017.
photo_camera Efectivos policiais nas inmediacións das Ramblas poucos minutos após do atentado

A resposta aos ataques jihadistas de Barcelona e Cambrils espella a "capacidade" de Catalunya para "se gobernar". "A rexión secesionista demostrou a súa competencia semanas antes dun referendo que Madrid se ten comprometido a bloquear", afirma unha crónica do The Wall Street Journal en que se estabelece un elo entre os atentados e a consulta autodeterminista convocada polo Govern para o 1 de outubro.

Catalunya estaría a axir xa na práctica como un Estado independente, argumenta este órgao da imprensa conservadora norteamericana de alcance global. The Wall Street Journal enfatiza o papel de Carles Puigdemont, presidente da Generalitat, de quen di que ten sido estes días "a figura pública dominante" e que ten dirixido a "resposta ao ataque" jihadista "ensombrecendo o papel do Estado".

Comentarios