Internacional

Sánchez pide unha listaxe de infraestruturas para aloxar contaxiados de COVID-19 sen síntomas

O presidente do Goberno do Estado pediu aos presidentes dos diferentes territorios que faciliten unha listaxe de infraestruturas para poder aloxar a contaxiados polo coronavirus pero que están asintomáticos.
Pedro Sánchez (Borja Puig/Moncloa).
photo_camera Pedro Sánchez (Borja Puig/Moncloa).

O presidente do Goberno do Estado, Pedro Sánchez, pediu este domingo aos presidentes dos diferentes territorios que faciliten unha listaxe de infraestruturas para poder aloxar a contaxiados polo coronavirus pero que están asintomáticos, co fin de evitar que poidan contaxiar a outras persoas, segundo informaron a Europa Press.

Sánchez leva reunido desde as dez e media da mañá por videoconferencia cos presidentes no que é o seu cuarto encontro desde que se decretou o estado de alarma o pasado 14 de marzo pola pandemia de coronavirus.

O presidente estatal pediulles que esta listaxe estea concluída antes do próximo 10 de abril, xusto cando finaliza a Semana Santa e os traballadores de sectores non esenciais volverán incorporarse aos seus postos de traballo, segundo anunciou onte o propio Sánchez.

Durante estes encontros, a maior parte dos presidentes fóronlle trasladando o seu malestar pola falla de material e no último encontro, o domingo pasado, varios presidentes expuxeron as súas críticas por aprobar un decreto para paralizar as actividades non esenciais sen contar con eles.

EN AMPLIACIÓN

Comentarios