O salario mínimo en Francia ascende até os 1.645 euros

En números netos, quedarán 1.302,64 euros.
Francia prohibe reunións na vía pública na Noitevella (Foto: Europa Press).
photo_camera Francia prohibe reunións na vía pública na Noitevella (Foto: Europa Press).

A partir do 1 de maio o salario mínimo no estado francés subirá automaticamente  2,65% por mor da inflación, segundo. A actualización do salario mínimo está regulado por lei cun mecanismo de revalorización automática para que as rendas máis baixas non perdan poder adquisitivo.

O próximo mes o salario mínimo subirá  2,65%, un aumento de 34 euros netos. Isto supón que, para unha xornada a tempo completo, o salario mínimo mensual será de 1.645,58 euros brutos, que netos quedarán en 1.302,64 euros. Por hora, o salario mínimo bruto pasa de 10,57 euros a 10,85.

Neste mes de xaneiro o salario xa se incrementou 0,9% en relación coa anterior actualización, en outubro. Nun ano, de maio do 2021 a maio de 2022, o salario medio crecerá 5,9%, 72 euros netos.

O Estado español, o oitavo

O salario mínimo no Estado español, fixouse en 2022 en 1.126 euros ao mes en 12 pagas, e é o sétimo máis alto dos países da UE que contan cun soldo mínimo, mentres que o poder adquisitivo español é o oitavo máis elevado, segundo revelan os datos publicados por Eurostat.

Deste modo, o salario mínimo en España incrementouse 50% nunha década. En 2012, situábase nos 750 euros mensuais.

Segundo a oficina estatística europea, o salario mínimo máis elevado da UE corresponde a Luxemburgo, con 2.257 euros ao mes, por diante de Irlanda, con 1.775 euros mensuais, seguido por Holanda en terceiro lugar, con 1.725 euros. En cuarta posición sitúase Bélxica con 1.658 euros ao mes e fecha o  top cinco Alemaña con 1.621 euros mensuais.

Os salarios mínimos máis baixos sitúanse en Bulgaria, con 332 euros ao mes, Letonia cuns ingresos mínimos mensuais de 500 euros e Romanía, onde o salario mínimo é de 515 euros ao mes.

Con todo, esta diferenza de case sete veces entre o salario mínimo máis alto e o máis baixo no seo da UE redúcese ao ter en conta o poder de compra (PPS), que volve colocar a Luxemburgo en primeiro lugar, con 1.707 PPS, fronte ao 604 PPS de Bulgaria. No caso de España, o dato de 1.100 PPS mensuais sitúa ao país no oitavo lugar da UE.

Comentarios