Rusia declara un cesamento do fogo para a evacuación de civís en Ucraína

Os corredores e rutas humanitarias foron acordados entre Moscova e Kiev.
Familias ucraínas chegan a Polonia desprazadas pola guerra. (Foto: SOS Aldeas Infantís)
photo_camera Familias ucraínas chegan a Polonia desprazadas pola guerra. (Foto: SOS Aldeas Infantís)

Rusia anunciou un cesamento do fogo para que os civís poidan saír de  Mariúpol e  Volnovaja en Ucraína, informaron desde o Ministerio de Defensa ruso.

O Ministerio afirma que os corredores e as rutas humanitarios foron acordadas con Ucraína. Anteriormente, esta mesma institución declarou que a maior parte do territorio ucraíno, sobre todo as cidades de  Kiev, Járkov, Sumy, Chernígov e Mariúpol, enfróntase a unha situación humanitaria catastrófica cunha tendencia para empeorar.

Unhas 200.000 persoas aspiran ser evacuadas de  Mariúpol, outras 20.000 queren abandonar Volnovaja, destacou o asesor do xefe da oficina do presidente ucraíno,  Volodímir  Zelenski,  Mijail  Podoliak.

Unhas 200.000 persoas aspiran ser evacuadas de  Mariúpol, outras 20.000 queren abandonar Volnovaja, destacou o asesor do xefe da oficina do presidente ucraíno,  Volodímir Zelenski,  Mijail Podoliak.

De 24 de febreiro a 3 de marzo, as hostilidades en Ucraína causaron a morte de 331 civís e deixaron feridos a outros 675, segundo a ONU; e  máis de 1,2 millóns de ucraínos buscaron refuxio nos países veciños.

"Quero subliñar novamente: non temos malas intencións cara aos nosos veciños e aconsellaríalles que non escalen a situación, que non impoñan restricións", declarou onte o presidente de Rusia, Vladimir Putin, durante a izada da bandeira rusa nun novo ferry, segundo recolleu a axencia oficial de noticias rusa, TASS.

Ademais, o embaixador ruso ante a sede de Nacións Unidas en Xenebra, Gennady Gatilov, asegurou que Rusia non ten a intención de ocupar o país. "O noso obxectivo é a desnazificación do réxime e a desmilitarización de Ucraína, de modo que teñamos garantías de que non haberá ameazas que proveñan de Ucraína contra Rusia", declarou nunha conferencia de prensa. "Será o pobo ucraíno o que decida sobre o seu futuro político", sostivo o diplomático

Comentarios