MYANMAR

Ruaingás, vítimas dunha “limpeza étnica de manual”

300 mil ruaingás xa foron expulsadas á forza de Myanmar e 176 das súas 471 aldeas foron destruídas. A antiga Birmania continúa baixo o control, de facto, do exército que impulsa esta nova vaga de violencia que a ONU cualificou de “limpeza étnica de manual”. Eis un extracto da información publicada no número 264 do semanario Sermos Galiza.

[Imaxe: ilawyerblogCOM]
photo_camera [Imaxe: ilawyerblogCOM]

Myanmar, a antiga Birmania, apenas forma parte da axenda internacional. Malia ser o país máis poboado do sueste asiático e un importante activo xeoestratéxico, pola súa localización e riqueza en materias primas, fica fóra dos focos. A crise humanitaria provocada polo éxodo forzoso de 400 mil ruaingás, que foi cualificada polo Alto Comisionado de para os Dereitos Humanos da ONU, Zeid Ra’ad Al Hussein, como unha “limpeza étnica de manual”, colocou o país, que leva décadas baixo o poder do todopoderoso exército birmano, no centro da actualidade internacional.

O relato dominante fala dun conflito inter-relixioso entre a maioría budista Bamar e a minoría ruaingás, de culto musulmán. Pola súa banda, o goberno de Myanmar, que goza do patrocinio dos EUA e que está liderado in pectore pola premio Nobel da Paz, Aung San Suu Kyi, xustifica a vaga de violencia por causa dos presuntos ataques realizados polo Exército de Salvación Arakan Ruaingás (ARSA) contra nove instalacións policiais. No entanto, o conflito real non se axusta a esa narrativa que obvia factores fundamentais como son a loita de clases no seo dun dos países máis pobres de Asia ou os intereses xeoestratéxicos que alentan a conivencia de grandes potencias, como os EUA ou a China, co réxime de Myanmar.

[Podes ler a peza íntegra no Sermos Galiza 264, á venda na loxa e nos quiosques habituais]

Comentarios