Portugal

Rebelo de Sousa recunca na presidencia nunhas eleccións marcadas pola abstención e a suba da extrema dereita

(Foto: Europa Press)

Ana Gomes, socialista, asegurou o segundo posto con apenas 1% de vantaxe sobre André Ventura, da ultra dereita. 

Vitoria sen contemplacións de Marcelo Rebelo de Sousa nas eleccións presidenciais portuguesas, que recunca no posto de presidente, desta volta cun apoio de 60.70%. Son 8 puntos máis que os que logrou en 2016 mais fican lonxe daquel 70% co que o socialista Mario Soares logrou a presidencia portuguesa a principios dos 90.

A pandemia marcou unha xornada na que a abstención superou 60%. Mais a xornada deixou tamén outras novas, como os febles resultados da esquerda ou o aumento da extrema dereita, que irrompe con forza. O seu candidato, André Ventura, é o terceiro máis votado, con 11,9% máis votos, nunha cita na que el aspiraba ser segundo en votos. 

Marcelo Rebelo de Sousa gañou as eleccións en todos os concellos de Portugal, sendo o primeiro en lograr esta fazaña.

De feito, Ana Gomes, socialista, logrou o segundo posto superando en apenas 12,9% a Ventura. Gomes foi a muller máis votada de sempre nunhas eleccións presidenciais en Portugal e a primeira en conseguir un segundio posto neses comicios.

Porén, ese menos de 13% non deixa bo de sabor de boca e vai acompañado dun panorama onde a esquerda perde fol.

Porén, o candfidato do PCP, João Ferreira, que atinxiu 4,32% dos votos e foi o cuarto máis votado o domingo, mellorou os resultados do candidato comunista nas presidenciais anteriores, o madeirense Edgar Silva, que naquela cita lograra 3,9% dos apoios nas urnas, o peor resultado dun candidato apoiado polo PCP.

De por parte, a candidata do Bloco de Esquerdas, Marisa Matías, obtivo 3,95% dos votos.

Na súa intervención despois de anunciados os resultados, Marcelo Rebelo garantiu que "a confianza agora renovada é todo menos un cheque en branco".

Respecto á participación nas urnas, dos 10.791.490 votantes inscritos votaron 4.261.209. A pesar de que, ao longo do día, foron visibles longas filas en varias mesas electorais de todo o país, a abstención superou o 60%.