xoves 28.05.2020

Un Primeiro de Maio mundial con pésimos datos da OIT

Case a metade da poboación activa mundial corre perigo inminente de ver desaparecer as súas fontes de sustento.

A caída das horas de traballo no actual trimestre de 2020 podería superar as estimacións anteriores, di a OIT (ilo.org)
A caída das horas de traballo no actual trimestre de 2020 podería superar as estimacións anteriores, di a OIT (ilo.org)

A caída constante das horas de traballo a nivel mundial a causa da pandemia significa que 1.600 millóns de traballadoras e traballadores da economía informal, isto é, case a metade da poboación activa mundial, corre perigo inminente de ver desaparecer as súas fontes de sustento.

Son datos da Organización Internacional do Traballo (OIT) que marcan un Primeiro de Maio inédito, sen as tradicionais manifestacións en todo o mundo, debido ao confinamento pola COVID-19. A caída das horas de traballo no actual trimestre de 2020 ─o segundo─ podería superar as estimacións anteriores, sinala a OIT nun estudo.

En comparación cos niveis anteriores á crise ─cuarto trimestre de 2019─, agora prevese un deterioro de 10,5%, o equivalente a 305 millóns de empregos a tempo completo (asumindo unha semana laboral de 48 horas). Segundo a previsión anterior, o descenso sería de 6,7%, equivalente a 195 millóns de empregados a tempo completo.

Polo que respecta ás rexións, a situación empeorou para a totalidade dos grupos. As estimacións indican para o segundo trimestre unha perda de horas de traballo, fronte aos niveis anteriores á crise, equivalente a 12,4% nas Américas e a 11,8% en Europa e Asia Central. As estimacións para o resto dos grupos rexionais superan todas o 9,5%.

comentarios