O primeiro acusado polo golpe no Brasil permanecerá 17 anos na cadea

Acordos de colaboración con 1.000 investigados.
Protesta de movementos sociais brasileiros contra a sublevación dos afíns a Jair Bolsonaro. (Foto: Cris Faga / Europa Press / Contacto)
photo_camera Protesta de movementos sociais brasileiros contra a sublevación dos afíns a Jair Bolsonaro. (Foto: Cris Faga / Europa Press / Contacto)

Aécio Lúcio Costa Pereira, o primeiro acusado polo Supremo Tribunal Federal do Brasil polo intento de golpe de Estado do 8 de xaneiro de 2023, converteuse onte no primeiro condenado polo asalto ás principais institucións do Estado por parte dos seguidores do ex presidente de extrema dereita Jair Bolsonaro, que fora derrotado nas urnas polo mandatario actual, o progresista Lula da Silva.

Costa foi sentenciado a 17 anos de prisión tras ser considerado culpábel de cinco cargos, entre eles golpe de Estado, asociación para delinquir e danos ao patrimonio público. Outras tres persoas foron acusadas nesta primeira sesión dos xuízos sobre a sublevación.

O xuíz Alexandre de Moraes fixo fincapé en que "está moi clara a mensaxe que varios deles deixaron", en referencia ás reclamacións ás Forzas Armadas para que asumisen o poder. O propio Costa foi detido cunha camisola que instaba os militares a apoiar o golpe de Estado.

Ademais, a Fiscalía foi autorizada polo Supremo para alcanzar acordos de colaboración con arredor de mil persoas investigadas polos feitos.

Comentarios