Portugal: o socialista Seguro gaña as eleccións presidencias de Portugal

O PS conseguiu un 66,28% dos votos, fronte a 33,18% obtidos polo partido de extrema dereita, Chega.

António José Seguro (PS). (Foto:  Europa Press / Contacto / Henrique Casinhas)
António José Seguro (PS). (Foto: Europa Press / Contacto / Henrique Casinhas)

O candidato apoiado pola esquerda, António José Seguro, do Partido Socialista (PS), gañou este domingo a segunda volta das elección presidencias de Portugal cun 66,82% dos votos, fronte a 33,18% obtido por André Ventura, candidato e líder do partido de extrema dereita Chega.

“Esta vitoria ten un sabor moi especial porque é una elección para a presidencia da República”, declarou Seguro desde Caldas da Rainha, ao norte de Lisboa. “O pobo portugués é o mellor pobo do mundo”, engadiu  antes de declarar o seu obxectivo: “axudar a servir”.

Seguro obtivo un total de  3.480.158 voto, tendo só contado 99,2% do escrutinio, co que consegue un récord histórico de apoio, por diante dos 3.459.000 votos  que tivo Mário Soares (PS) nas elección de 1991.

Comentarios