Portugal estuda aplicar un novo confinamento

O coronavirus avanza con forza no norte do país.

Fronteira

O presidente de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa recoñeceu nesta segunda feira que o Goberno traballa coa hipótese de aplicar un estado de emerxencia que levaría aparellado un novo confinamento nun prazo de tres semanas.

Segundo sinalou Rebelo de Sousa, “ninguén quer un novo estado de emerxencia ou un novo confinamento “, mais na liña do adiantado polo semanario Sol confirmou a existencia de xuntanzas co primeiro ministro, Antonio Costa para tratar este asunto. “Preferiría mil veces non ter que tomar medidas máis restritivas”, sinalou Rebelo nunha reunión celebrada esta fin de semana con rexedores e axentes sociais e económicos do Algarve.

Rebelo adiantou unha axenda de contactos co obxectivo de “enfrontar a pandemia”, atopar “un consenso de puntos de vista” e buscar “un equilibrio entre a preocupación pola vida e a saúde e a non paralización radical da economía e da sociedade portuguesa”.

Rebelo adiantou unha axenda de contactos co obxectivo de “enfrontar a pandemia”

O mandatario luso afirmou que a decisión adoptárase após ouvir a ministra de Saúde, aos responsábeis dos colexios médicos ou a outros representantes profesionais ligados  á sanidade. “Nas próximas dúas semanas teremos a opinión do sector da saúde”, destacou Rebelo quen apostou por “manter unida á sociedade portuguesa nesta hora crítica”.

As declaracións de Marcelo Rebelo de Sousa coñecéronse ao tempo que á alza de positivos por coronavirus na área norte de Portugal. A este respecto, as autoridades sanitarias do Vale de Sousa advertiron da “preocupante transmisión comunitaria” e alertaron que “poden pasar esta semana dos 2.000 casos diarios”.

Neste liña, o presidente da Asociación Nacional de Médicos da Saúde Pública, Ricardo Mexia afirmou que “as chamas poden estar máis intensas en Pazos de Ferreira, mais o resto da rexión e do país no están mellor”

Comentarios