Portugal confina 70% da súa poboación desde a semana que vén

O Goberno portugués anuncia o confinamento de 121 municipios desde o vindeiro 4 de novembro polo elevado risco elevado de contaxio de coronavirus. A medida alcanza 70% da poboación, 7,1 millóns de persoas, e deixa fóra das restricións actividades como traballar, ir ao colexio ou comprar.
Antonio Costa (Europa Press)
photo_camera Antonio Costa, nunha imaxe de arquivo (Europa Press)

A decisión anunciouna o primeiro ministro portugués, António Costa, nun consello de ministros extraordinario que tivo lugar este sábado, que chega despois de superar por segundo día consecutivo os 4.000 contaxios diarios.

A medida, que se revisará cada 14 días con previsión de que a lista poida aumentar, implica teletraballo obrigatorio e limita os eventos e celebracións a cinco persoas, a menos que sexan conviventes.

Os estabelecementos comerciais e os restaurantes permanecerán abertos, aínda que deberán fechar ás 22 e as 23 horas respectivamente. Prohíbense nestas localidades as feiras e mercados.

Como pauta xeral, aplicarase esta medida aos municipios cunha incidencia superior aos 240 casos por 100.000 habitantes nos últimos 14 días, situación na que se atopan actualmente 121 localidades portuguesas.

Até o momento, a zona máis afectada é a rexión norte, a área metropolitana de Lisboa e Valle do Tello e o centro.

"O mes de novembro vai ser moi duro", afirmou Costa, que adiantou que solicitará unha audiencia ao presidente da República, Marcelo Rebelo de Sousa, para avaliar unha eventual declaración do estado de emerxencia nos municipios con risco elevado.
 

Comentarios