A policía francesa agride manifestantes nunha Ikastola que protestaban por querer facer exames en euskera

A policía reprimiu esta protesta utilizando a violencia tal e como se pode constatar nos videos que algúns dos alí presentes filmaron.
A policía francesa usando gas pementa contra os manifestantes. (Foto: Seaska Ikastola).
photo_camera A policía francesa usando gas pementa contra os manifestantes. (Foto: Seaska Ikastola).

Esta quinta feira un grupo de manifestantes levaron a cabo unha protesta ante a sede de inspección educativa en Baiona, en Iparralde para solicitar poder facer exames en euskera.

A policía francesa reprimiu esta protesta utilizando a violencia tal e como se pode constatar nos videos que algúns dos alí presentes filmaron. 

Gas pementa

Nalgún momento pode percibirse como até utilizan gas pementa contra as persoas alí congregadas.

Entre as persoas agredidas pola policía encontrábanse profesorado e até alumnado acompañado dos seus proxenitores

As Ikastolas

Unha ikastola é un tipo de escola que dá ensino integral en euskera e está presente en todo Euskal Herria

En concreto, a Ikastola en que aconteceron os feitos pertence á federación Seaska que na actualidade conta con 27 centros distribuídos por diferentes puntos de Iparralde 

Comentarios