Un novo terremoto de magnitude 3,9 sacode Marrakech

Laxe rexistra un sismo de magnitude 2,2

Un vehículo fica sepultado entre os cascallos provocados polo terremoto que sacudiu Marrocos a pasada sexta feira. (Foto: Fernando Sánchez / Europa Press)
photo_camera Un vehículo fica sepultado entre os cascallos provocados polo terremoto que sacudiu Marrocos a pasada sexta feira. (Foto: Fernando Sánchez / Europa Press)

Un novo terremoto de magnitude 3,9 na escala de Richter sacudiu este domingo a rexión de Marrakech, en Marrocos, onde á ultima hora da pasada sexta feira un grave sismo causaba máis de 2.000 mortes, segundo o último balance oficial. 

Así e todo, este sábado, aínda non 24 horas despois da inesperada traxedia, o director do Instituto Nacional de Xeofísica (INX), Nacer Jabour, descartou a posibilidade de que se produciran sismos secundarios durante as seguintes horas, segundo informacións do diario Le Matin.

O Servizo Xeolóxico dos Estados Unidos (USGS, polas súas siglas en inglás) informou de que o novo sismo produciuse ás 7.59, hora local (8.59 horas na Galiza) nunha zona montañosa situada no sur da rexión de Marrakech-Safí. O hipocentro foi ubicado a 10 quilómetros de profundidade, a medio camiño entre as cidades de Marrakech e Agadir.

O Observatorio Sismolóxico Euro-Mediterráneo tamén rexistrou o sismo aínda que eleva a súa magnitude a 4,5 na escala de Richter. Este organismo rexistrou un total de nove réplicas do corremento da sexta feira de entre 2 e 4 de magnitude na escala de Richter na rexión de Ighil, provincia de Al Hauz.

Cando menos 2.012 persoas faleceron e outras 2.059 resultaron feridas, das cales 1.404 atópanse en estado crítico, a causa dun terremoto de magnitude 7 na escala de Richter rexistrado na provincia de Al Hauz, en Marrocos, segundo informou o Ministerio do Interior do país. A zona está pouco habitada, o que, segundo fontes oficiais, evitaría maiores danos persoais.

En Laxe

Tamén en Laxe (Bergantiños) un terremoto de 2,2 na escala de Richter deixouse sentir durante a mañá deste domingo.

Segundo informou o Instituto Xeográfico Nacional (IXN), o sismo tivo o seu epicentro la localidade bergantiñá e rexistrouse ás 9.46 horas.

Comentarios