Nova alarma nos EUA. Envorca un camión con substancias químicas tóxicas en Arizona

Momentos despois do envorcamento do camión en Arizona (Foto: @Arizona_DPS).
Tras o accidente, as autoridades locais ordenaron aos residentes que viven nun radio de 1.6 quilómetros do accidente a non saír das súas casas até que o derrame da substancia química sexa controlado.

As autoridades estadounidenses declararon na madrugada na cuarta feira unha emerxencia ao sueste da cidade de Tucson, Arizona, ao envorcar un camión cargado con ácido nítrico nunha autoestrada local.

Tras o accidente, as autoridades locais ordenaron aos residentes que viven nun radio de 1.6 quilómetros do accidente a non saír das súas casas até que o derrame da substancia química sexa controlado.

Ademais recomendaron ás persoas non acender calefactores ou sistemas de climatización que atraian ar exterior.

En redes sociais difundiuse o momento en que varios automóbiles que circulaban pola autoestrada son testemuñas dunha nube amarela que sae do transporte de carga.

O ácido nítrico

Segundo a Facultade de Química da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM), o ácido nítrico é un líquido cuxa cor varía de incoloro a amarelo pálido e ten un cheiro sufocante.

O ácido nítrico é irritante e pode causar queimaduras e ulceración de todos os tecidos cos que está en contacto.

A extensión do dano, os signos e síntomas de envelenamento e o tratamento requirido, dependen da concentración do ácido, o tempo de exposición e a susceptibilidade do individuo.

A dose letal da substancia para unha persoa de 75 quilogramos, é aproximadamente de cinco mililitros se a substancia estiver concentrada.

Recoméndase ás persoas con problemas en pel, ollos e cardiopulmonares evitar traballar con este produto.