VÍDEO | Un novo Chernóbil? Salta a voz de alarma após o accidente dun tren en Ohio que desprendeu gases tóxicos

A preocupación polo acontecido en Ohio foi en aumentos nos últimos días dado que, se ben aínda se descoñecen os efectos que pode ter esta liberación de gases, xa se coñecen casos de animais que faleceron, presumibelmente, a causa dos gases.
Explosión causada polo accidente en Ohio (EUA) (Foto: Photography Matters LLC).
photo_camera Explosión causada polo accidente en Ohio (EUA) (Foto: Photography Matters LLC).

Un grande accidente ferroviario no Estado de Ohio (EUA) a semana pasada fixo saltar as voces de alarma dada a grande explosión que se produciu após o evento.

Unha enorme columna de fume e fogo foi o resultado do accidente acontecido na localidade de East Palestine. Por causa do sinistro, as persoas residentes no lugar foron evacuadas.

Nas últimas horas, deuse a coñecer que a explosión foi debida a que o tren de mercancías levaba grandes cantidades de gases tóxicos.

As autoridades locais xunto con grupos de expertos comezaron a liberar químicos de polo menos cinco dos vagóns, que se atopaban inestábeis, para reducir o risco de explosión. Un deles contiña fosxeno, un gas perigosamente corrosivo.

De feito, este gas foi usado como arma durante a Primeira Guerra Mundial e é responsábel da maioría das mortes relacionadas co gas velenoso durante a guerra. Hoxe, o fosxeno úsase como ferramenta, principalmente para a síntese orgánica.

Afectación aos animais

A preocupación polo acontecido en Ohio foi en aumentos nos últimos días dado que, se ben aínda se descoñecen os efectos que pode ter esta liberación de gases, xa se coñecen casos de animais que faleceron, presumibelmente, a causa dos gases.

Galiñas, porcos, raposos están entre as especies de animais que se reportaron como falecidos.

Con todo, a maior das preocupacións está nos peixes. Isto é porque, segundo se coñeceu, producíronse filtracións a ríos que se encontran perto do lugar e que levaron á morte a centos de peixes.

Comentarios