Malorrusia: de Ucraína á “pequena Rusia”?
Donetsk aposta en superar o actual marco ucraíno constituíndo un novo Estado, Malorrusia, que integraría as rexións que fan parte arestora de Ucraína e tamén as dúas repúblicas populares do Donbás, xurdidas pola ruptura co goberno golpista de Kiev.
“Nós, representantes da antiga Ucraína, anunciamos a creación dun novo Estado, herdeiro legal de Ucraína. Concordamos en que o novo Estado se chamará Malorrusia, xa que a denominación de Ucraína está desacreditada. A capital de Malorrusia será a cidade de Donetsk”, recóllese na acta constitucional do novo Estado. Malorrusia, cuxa Constitución terá de ser ratificada a través de referendo popular, organizarase sob a fórmula dun “ente federativo con ampla autonomía”. O novo Estado definirase como “plurinacional” e para alén dos dous idiomas oficiais –-o malorruso e o ruso-- respeitará as linguas rexionais. Para a posta en marcha da Asemblea Constitucional promoverase a elección de representantes en todas as rexións da actual Ucraína, agás Crimea, reincorporada desde marzo de 2014 na Federación Rusa por decisión popular.
[Poder ler a información íntegra no número 256 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques habituais]