Máis de 200 migrantes rescatados no Mediterráneo en tan só tres días

Case medio milleiro de migrantes e refuxiados perderon a vida no que vai de ano intentando alcanzar as costas do sur de Europa, con máis de 300 vítimas mortais só na zona central. 
EuropaPress_2429125_16_october_2019_italy_taranto_migrants_look_out_from_the_opening_of
photo_camera Migrantes rescatados polo 'Ocean Viking' no Mediterráneo en 2019 ( Ingenito Renato / LaPresse)

O barco de rescate Sea Watch 4 efectuou na segunda feira, 24 de agosto, a súa terceira operación en dous días e ten xa a bordo a máis de 200 migrantes e refuxiados, segundo informaron as ONG Sea Watch e Médicos Sen Fronteiras (MSF), responsábeis deste buque.

Na terceira embarcación localizada na zona central do Mediterráneo viaxaban ao redor dun centenar de persoas que foron rescatadas "no medio dunha intensa ondada", moitas con hipotermia e desorientadas. O equipo das ONG ofreceulles duchas para eliminar os restos de combustíbel nos seus corpos.

Case medio milleiro de migrantes e refuxiados perderon a vida no que vai de ano intentando alcanzar as costas do sur de Europa, con máis de 300 vítimas mortais só na zona central. A Organización Internacional para as Migracións (OIM) denunciou na pasada fin de semana un novo naufraxio con polo menos 22 vítimas fronte ás costas de Libia.

"Estas dolorosas mortes son o resultado do endurecemento das políticas contra quen foxen do conflito e da pobreza extrema e un fracaso da xestión humana dos fluxos migratorios", lamentou o xefe de misión da OIM en Libia, Federico Soda.

Saturación en Sicilia

Por outra banda, o presidente da rexión de Sicilia, Nello Musumeci, ameazou onte con levar o Goberno italiano aos tribunais de non cumprir coa súa ordenanza de proceder ao feche dos centros de acollida de migrantes nas illas da rexión. 

Musumeci salientou que en xullo houbo 7.067 chegadas mentres que no que vai de agosto xa son máis de 3.000. En 2019, 1.088 migrantes arribaron en xullo e 1.268, en agosto.

A ordenanza foi emitida por motivos sanitarios ─a sanidade é competencia das rexións─ ante o aumento no número de casos da Covid-19. En Lampedussa rexistráronse 58 en 24 horas.

Comentarios