A ONU aos Gobernos: "Se non axudan, non poñan trabas ás ONG de rescate"

Condena á morte de polo menos 45 migrantes e refuxiados despois do peor naufraxio rexistrado fronte ás costas de Libia a comezos desta semana.
El buque 'Ocean Viking' de SOS Mediterranée tras rescatar a inmigrantes y refugiados en el Mediterráneo

El buque 'Ocean Viking' de SOS Mediterranée tras rescatar a inmigrantes y refugiados en el Mediterráneo

  (Foto de ARCHIVO)

5/7/2020
photo_camera A pandemia da Covid-19 non é escusa, sinalaron as dúas axencias da ONU (SOS Mediterranée)

A Organización Internacional para as Migracións (OIM) e o Alto Comisionado da ONU para os Refuxiados (Acnur) condenaron a "tráxica" morte de polo menos 45 migrantes e refuxiados despois do peor naufraxio rexistrado fronte ás costas de Libia no que vai de ano, e consideraron "urxente" reforzar os labores de busca e rescate no Mediterráneo.

Máis de 300 persoas faleceron en 2020 tentando alcanzar as costas do sur de Europa, aínda que as axencias da ONU advirten de que a cifra sería "moito maior", xa que está baseada unicamente en estimacións e en relatos dos superviventes.

Foi a través destes relatos que se coñeceu a magnitude dun naufraxio ocorrido o 17 de agosto perto de Libia. Un total de 37 migrantes que viaxaban a bordo da embarcación ─na súa maioría do Senegal, Malí, Chad e Ghana─ explicaron que viaxaban canda 45 persoas máis, entre estes cinco pícaros, cando o motor explotou fronte ás costas de Zuara.

Acnur e a OIM instaron os Gobernos a "revisar" a súa actual política, tendo en conta que hai unha "necesidade urxente" de reforzar os traballos de busca e rescate para poder atender a embarcacións en perigo. Sen este reforzo, avisaron, avecíñanse máis "desastres".

A día de hoxe son as ONG as que asumiron a responsabilidade destes rescates ─"un papel crucial para salvar vidas" en opinión das dúas axencias--, polo que desde a ONU confían en que polo menos non se impoñan "restricións legais e loxísticas" ao seu labor.

A pandemia tampouco debería supor unha "escusa" para limitar o acceso de persoas necesitadas de protección internacional, xa que o dereito a solicitar asilo prevalece sobre calquera outra posíbel consideración, subliñaron as dúas axencias, cualificando de "inaceptábeis e que poñen vidas en perigo" os atrancos no desembarco dos barcos.

Comentarios