'Leonardo' bate con forza en Portugal: o Douro anega Porto e compromete as votacións deste domingo en varias localidades
A borrasca Leonardo mantén en alerta Portugal. O río Douro desbordouse na madrugada desta sexta feira perto da súa desembocadura, e obrigou a activar o nivel máximo de alerta por risco de inundacións na conca do Douro e a prohibir a circulación nas zonas de ribeira.
No seu treito final, o Douro alcanzou unha cota de 6,15 metros ao seu paso polo Porto e Vila Nova de Gaia, unha marca que nunca antes se rexistrara e que deixou espazos anegados nas zonas próximas á ribeira e cortes en varios accesos a municipios lindeiros. Os equipos de emerxencia procederon a realizar evacuacións preventivas ante a previsión de que aínda non se alcanzase o máximo da enchente do caudal. En Gaia e Porto, as inundacións afectaron a zona de hostalaría e comercio próxima ao Douro, así como ás vivendas máis próximas.
En Portugal, o Douro é un dos catro ríos que máis preocupan as autoridades, ademais do Texo, que en Santarém motivou o traslado de 250 persoas; o Mondego, en seguimento ao seu paso por Coímbra, e o Sado, no distrito de Setúbal. Nesta
Nesta rexión ao sur de Lisboa, no Alentejo, a localidade de Alcácer do Sal é unha das máis castigadas por 'Leonardo'. O Sado rebordou e anegou rúas, comercios, vivendas e instalacións municipais, obrigando a veciñanza a evacuar coa axuda dos equipos de rescate e emerxencias.
A Autoridade Nacional de Emergência e Proteção Civil ativou o alerta vermelho na bacia do Tejo, o nível mais elevado de risco, após uma subida abrupta dos caudais durante a madrugada — que mais do que duplicaram e já ultrapassam os 7.400 m³/s. Saiba mais: https://t.co/HWucdeFloC pic.twitter.com/tjSbXChj12
— República Portuguesa (@govpt) February 5, 2026
Alcácer do Sal é un dos municipios de Setúbal que xa decidiron adiar a votación prevista para este domingo correspondente á segunda volta das eleccións presidenciais de Portugal, unha medida á que tamén se acolleron localidades de Santarém e Lisboa declaradas en situación de calamidade polo Goberno da república, que estendeu esta proclamación até o 15 de febreiro.