Israel bombardea Gaza por aire e mar e concentra centos de soldados na fronteira da Franxa

O exército israelí afirma que a operación ‘Borde protector’ vai ‘’intensificarse’’. Un mínimo de 5 mortos e 30 ferid@s nos bombardeos.

gaza

Israel lanzou unha nova operación contra Gaza. Ten outro nome, ‘Borde Protector’, mais o modus operandi é o mesmo que as ducias de operacións que o exército israelí realiza desde hai anos en Gaza ou Cisxornadia: bombardeos da aviación e bloqueo das fronteiras. Transformar Gaza dun xigantesco campo de concentración a un hospital ateigado de ferid@s.

Israel atacou máis de 50 ‘obxectivos terroristas’, definición tan laxa como tendenciosa. Fíxoo con F16, helicópertos artillados e tamén desde buques da armada. Atacou, pois, por mar e aire. O propio exército anunciou que nas vindeiras horas eses ataques íanse intensificar. Son, din desde Tel-Aviv, a resposta aos ataques con cohetes artesanais por milicias palestinas. “É unha operación contra Hamas para poñer fin ao terrorismo que deben sofrer a diario os cidadáns israelíes”, afirma o exército na súa conta de Twitter.

Os bombardeos desta noite e da mañá deixan un mínimo de palestinos 5 mortos e 29 ferid@s, unha cifra que pode aumentar pois varias vivendas ficaron completamente destruídas por mor dos ataques da aviación israelí. Nos días anteriores, 9 milicianos palestinos morreron polos bombardeos do exército.

Intervención terrestre

O propio exército afirma que está a facer preparativos para unha eventual ofensiva terrestre. Todo un despregue de efectivos e retórica belicista para punir ao conxunto dunha poboación. Mobilizou máis de 1.500 reservistas na fronteira con Gaza e diversas unidades de blindados están en máxima alerta a un paso de Gaza.

Comentarios