Irán celebra a "derrota histórica e esmagante" dos Estados Unidos e Israel

No que abrangue aos 10 puntos presentados a Estados Unidos a través de Paquistán, o Consello de Seguridade Nacional aseverou que estes poñen o foco no “paso controlado polo estreito de Ormuz en coordinación coas forzas armadas iranianas”.
Iranianos mobilizándose en defensa do Goberno do país. (Foto: Iranian Supreme Leader'S Office / Zuma Press / ContactoPhoto)
Irán celebra o acordo cos Estados Unidos e Israel. (Foto: Iranian Supreme Leader'S Office / Zuma Press / ContactoPhoto)

O Consello de Seguridade Nacional do Irán celebrou, a través dun comunicado, a aceptación por parte dos Estados Unidos dunha tregua de dúas semanas.

O Consello, que funciona como órgano de asesoramento gobernamental do aiatolá, apuntou a que a aceptación dos Estados Unidos supón unha “derrota innegábel, histórica e esmágante” do “inimigo” na súa “covarde, ilegal e criminal guerra contra a nación iraniana”.

Neste senso, aproveitaron a ocasión para felicitar “a todo o pobo do Irán por esta vitoria e recalcamos que, até que ultimen os detalles da mesma, sigue sendo necesaria a perseveranza e prudencia por parte das autoridades, así como o mantemento da unidade e a solidariedade do pobo iraniano”.

No que abrangue aos 10 puntos presentados a Estados Unidos a través de Paquistán, o Consello de Seguridade Nacional aseverou que estes poñen o foco no “paso controlado polo estreito de Ormuz en coordinación coas forzas armadas iranianas”. Neste senso, tamén sinalou que entre os puntos atópanse a retirada das forzas de combate estadounidense de todas as bases e puntos de despregue da rexión, o estabelecemento dun protocolo de tránsito seguro no estreito de Ormuz de maneira que “garanta” o dominio do Irán segundo o protocolo acordado, o pago integro dos danos infrinxidos ao Irán segundo as estimacións, o levantamento de todas as sanción primarias e secundarias, a liberdade de todos os activos iranianos conxelados no estranxeiro e a ratificación de todos os asuntos nunha resolución vinculante do Consello de Seguridade. Nesta liña, tamén destacaron que “estes acordos en dereito internacional vinculante e suporía unha importante vitoria diplomática para a nación iraniana”.

Comentarios