Irán asegura que “asenta duros golpes a bases inimigas e centros estratéxicos”

As forzas armadas iranianas principiaron a operación a ‘Verdadeira Promesa 4’ após os ataques de Israel e Estados Unidos ao pais.

Bombardeo en Tehran, capital de Irán. (Foto:  Europa Press / Contacto / Shadati)
Bombardeo en Tehran, capital de Irán. (Foto: Europa Press / Contacto / Shadati)

A operación de represalia de Irán contra Estados Unidos e Isarel continuou esta terza feira, coas forzas armadas do país atacando máis obxectivos inimigos, segundo a axencia iraniana Tasnim.

A operación nomeada polo Goberno iraniano como ‘Verdadeira Promesa 4’, que comezou após de que Estados Unidos e Israel lanzaran unha agresión contra Irán o pasado 28 de febreiro, continuou esta terza feira con maior forza.

As forzas armadas iranianas afirmaron que asentaron golpes duros ás bases inimigas e aos centros sensíbeis e estratéxicos da rexión, así o asegurou na noite desta terza feira o portavoz do cuartel xeral central de Khatam al-Anbiya.

Na mesma xornada, o Corpo de Gardas da Revolución Islámica (CGRI) anunciaron o lanzamento da 16ª onda da operación, durante o cal a Forza Aeroespacial da CGRI levou a cabo ataques masivos con mísiles e drones contra obxectivos en territorio ocupado por Israel.

Comentarios