Vídeo no interior

Israel bombardea a sede da Asemblea iraniana que debía elixir o sucesor de Khamenei

O edificio atopábase baleiro, segundo informaron medios de comunicación do Irán.
Fume tras un ataque aéreo de Israel en Burj al-Barajneh, un suburbio do sur de Beirut. (Foto: Marwan Naamani / ZUMA Press Wire)
Fume tras un ataque aéreo de Israel en Burj al-Barajneh, un suburbio do sur de Beirut. (Foto: Marwan Naamani / ZUMA Press Wire)

A agresión contra Irán principiada polos Estados Unidos e Israel continúa esta terza feira por cuarta xornada consecutiva. A Asemblea do Consello de Expertos, emprazada na cidade de Qom e onde se ía elixir o novo líder supremo e sucesor do aiatolá Alí Khamenei, foi albo dun bombardeo israelí. Segundo fontes das autoridades iranianas citadas por medios locais, a sede atopábase baleira no momento do ataque.

A reunión dos 88 membros da Asemblea iraniana estábase producindo por videoconferencia, segundo os mesmos medios iranianos, aínda que o Goberno israelí apuntou que o encontro decorría no edifico bombardeado. Imaxes da zona amosan unha densa nube de fume procedente do edificio, que se atoparía practicamente destruído, descoñecéndose polo momento o alcance dos danos.

“Atacaron hai uns minutos o edifico da Asemblea de Expertos en Qom”, informou a axencia iraniana Tasnim, vinculada á Garda Revolucionaria de Irán, apuntando que o edificou foi alcanzado por mísiles na tarde desta terza feira, após de que a sede desta Asemblea en Teherán fose bombardeada durante a madrugada por cazas de Israel e Estados Unidos.

O Exército de Israel tamén reivindicou esta terza feira os bombardeos contra a oficina do presidente iraniano, Masud Pezeshkian, e o edificio do Consello Supremo de Seguridade Nacional na capital do Irán, Tehran.

Comentarios