O independentismo quebequés consolídase como terceira forza en Canadá

Justin Trudeau non atinxe a maioría absoluta.

quebec

O Bloque quebequés, o partido independentista de Quebec, mellorou en 2 escanos o resultado das eleccións de 2019 nas eleccións federais de Canadá, que volveu gañar o liberal Justin Trudeau.

O líder do partido independentista, Yves-François Blanchet, dixera o domingo que calquera resultado superior aos 32 escanos, os que tiñan até o de agora, sería bo, mais que conseguir 40 representantes, máis da metade dos 78 escanos distribuídos en Quebec, sería óptimo.

Finalmente, logrou 34 deputados e deputadas, 2 máis dos que o independentismo posuía até o de agora. Con este resultado sería a terceira forza, por detrás do Partido Liberal de Trudeau e do conservador Erin O'Toole (158 e 119 representantes, respectivamente).

A cuarta forza sería o NPD (socialdemócrata) de Jagmeet Singh, que atinxiu 25 deputados e deputadas, e o Partido Verde, con só 2 escanos.

Trudeau, pola súa banda, non acadou o seu obxectivo de ter maioría absoluta. Convocou eleccións anticipadas dous anos antes influído polas boas enquisas que o acompañaron, mais o experimento non saíu ben.

O partido do primeiro ministro logrou 158 escanos dos 338 da Cámara, moi lonxe dos 170 que marca a maioría absoluta.

Comentarios