Hamás e Israel acordan prolongar o alto o fogo dúas xornadas máis

O alto ao fogo que comezou a pasada sexta feira e que remataba esta segunda feira.
Camión de axuda humanitaria en Gaza, nunha foto de arquivo (Foto: Europa Press / Contacto / Mahmoud Ajjour).
photo_camera Camión de axuda humanitaria en Gaza, nunha foto de arquivo (Foto: Europa Press / Contacto / Mahmoud Ajjour).

Israel e a milicia palestina Hamás acordaron prolongar o alto ao fogo que comezou a pasada sexta feira e que remataba esta segunda feira. Así o informou o Ministerio de Asuntos Exteriores de Qatar que, xunto con Exipto, actúa como mediador nas negociacións entre as partes.

"O Estado de Qatar anuncia que, no marco da mediación en curso, chegouse a un acordo para prorrogar a tregua humanitaria dous días máis na Faixa de Gaza", escribiu Majed al Ansari, portavoz da Chancelaría qatarí, na súa conta de X (antes Twitter).

Pola súa parte, Diaa Rashwan, xefe do Servizo de Información Estatal de Exipto (SIS), afirmou que a prolongación da tregua incluiría a liberación de 20 reféns israelís e 60 palestinos dos cárceres de Israel.

Aínda que Israel aínda non confirmou a prolongación, Hamás xa o fixo, engadindo que se manterán as mesmas condicións de cesamento do fogo que desde o principio: a liberación de 10 reféns israelís e 30 palestinos por día.

Comentarios