Toda Francia volve ao confinamento

O confinamento domiciliario entrará en vigor esta sexta feira e permanecerá vixente "como mínimo até o 1 de decembro".
Francia prohibe reunións na vía pública na Noitevella (Foto: Europa Press).
photo_camera Francia volve ao confinamento obrigatorio (Foto: Europa Press)

Francia prepárase para o peor, logo de bater un novo récord de mortes pola pandemia, 523 en só 24 horas, a cifra máis elevada desde abril, e o presidente Emmanuel Macron respondeu esta cuarta feira, 28 de outubro, declarando un novo confinamento en toda a República, o cal entrará en vigor esta sexta feira e permanecerá vixente "como mínimo até o 1 de decembro". Para saír da casa será preciso contar cunha autorización por motivos xustificados (ir ao traballo, ir a comprar ou ao médico), o teletraballo será xeneralizado e a docencia online. Salvo os estabelecementos esencias, o resto abertos ao público terán que fechar. 

Nunha mensaxe difundida a través da súa conta de Twitter, o mandatario galo afirmou que é necesario "ir máis aló" para deter o virus. "Decidín que era necesario impor, a partir da sexta, o confinamento", aseverou antes de lamentar que "temos que aceptar a situación da epidemia" en Francia. "O virus circula a unha velocidade que, incluso as previsións máis pesimistas, non anticipaban", aseverou.

Así, especificou que, "a diferenza da  primeprimera onda, o conxunto das rexións atópanse hoxe en día en alerta".

Aínda que aclarou que "todas as medidas tomadas polo Goberno foron insuficientes", matizou que, como na primavera, as e os franceses poderán "saír a traballar, acudir a unha cita médica, facer a compra ou pasear". Con todo, as reunións privadas estarán prohibidas, mentres que as escolas infantís e os colexios seguirán abertos.

Comentarios