A Eurocámara dá luz verde á nova Comisión Europea: Teresa Ribera, 'número dous' malia o voto en contra do PP de Feixoo

Sae adiante o novo Executivo, o máis conservador das últimas décadas.

Ursula von der Leyen, Presidenta da Comisión Europea este 27 de novembro en Estrasburgo. (Foto: Philipp von Ditfurth / dpa)
Ursula von der Leyen, Presidenta da Comisión Europea este 27 de novembro en Estrasburgo. (Foto: Philipp von Ditfurth / dpa)

O pleno do Parlamento Europeo aprobou esta cuarta feira o novo Executivo comunitario de Ursula von der Leyen, unha Comisión que iniciará mandato o vindeiro domingo, 1 de decembro, con sete vicepresidencias no seu equipo, entre elas a de Transición Xusta, que encabezará Teresa Ribera e a de Cohesión, liderada polo ultraconservador Raffaele Fitto.

Tras superar unha semana de negociacións con vetos cruzados, o pleno reuniuse en Estrasburgo (Francia) e deu luz verde cunha axustada maioría de 370 votos a favor, 282 en contra e 36 abstencións.

O equipo de Von der Leyen necesitaba unha maioría simple dos votos emitidos na sesión para ír adiante, o que tiña garantido tras o acordo selado a pasada semana polo Partido Popular Europeo (PPE), os Socialistas e Demócratas (S&D) e os liberais de Renew (RE) para unha axenda "proeuropea" na lexislatura. Tamén unha maioría do grupo dos Verdes e parte dos ultraconservadores de ECR adiantaron o seu apoio.

Comentarios