Escocia, Gales e Irlanda do Norte adoptan variantes do 'circuit breaker'

As nacións históricas, con competencia para adoptar medidas de restrición de forma autónoma únense ás comunidades do norte de Inglaterracontra o centralismo de Boris Johnson.
EuropaPress_3389428_22_october_2020_england_london_uk_prime_minister_boris_johnson_speaks
photo_camera Boris Johnson, primeiro ministro do Reino Unido.

O avance do coronavirus está mostrando as fracturas do Reino Unido. Mentres Escocia, Gales e Irlanda del Norte gozan de altos niveis de autonomía gobernamental na política de servizos públicos e tributaria para dotalos de financiamento, ao norte de Inglaterra acusa o Goberno de Boris Johnson de centralismo e de adoptar decisións para todo o país deitas á medida de Londres.

Hai 10 días Boris Johnson anunciou a partición de Inglaterra en tres segmentos, segundo o risco asociado ao número de contaxios contabilizados nos últimos días. A maior perigo, máis restricións para a mobilidade e a relación  social. 

A medida afectou entre outras localidades ás de Manchester, Liverpool, Sheffield e South Yorkshire, que aceptaron o nivel tres de restricións de mala gana, a cambio  dunha compensación financeira que, ao final, foi inferior á solicitada.

Nesta lea, Manchester, guiado polo seu alcalde, Andy Burnham, converteuse en voceiro e defensor das clases traballadoras do norte, máis pobre, fronte  ás máis acomodadas e ricas do sur.

Sen chegar a impoñer o recoller obrigatorio, o nivel vermello de restricións obrigou ás comunidades do norte, por decreto lei, a fechar pubs e toda a industria do entretemento, ademais de  prescindir das reunións de familiares y amigos que non vivisen baixo o mesmo teito.

A rebelión contra o centralismo de Londres, non discute as razóns científicas que aconsellan medidas máis severas contra a pandemia, pero si a falta de axudas suficientes que poñan fin ao elitismo de Johnson para garantir condicións máis igualitarias  para todos os territorios, como prometeu o primeiro ministro.

Lonxe do centralismo

Mentres Escocia, Gales e Irlanda do Norte actúan pola súa conta sen, de costas a Londres. O Goberno de Gales anunciou un novo confinamento desde esta sexta feira, 23 de outubro, até o 9 de novembro que inclúe o feche de pubs, restaurantes, ximnasios, barberías e outros negocios non esenciais. 

En Escocia rexerá un sistema de cinco niveles a partir do 2 de novembro, moi similar ao circuit breaker -o novo confinamento de dúas ou tres semanas decretado por Londres- para as localidades de máis casos.

En Irlanda do Norte, cun rápido aumento de casos e un 83% das camas en unidades de coidados intensivos ocupadas, a autonomía comezou o circuit breaker hai unha semana. Un plan de catro semanas que inclúe o feche de bares, restaurantes e negocios non esenciais, a prohibición de reunións sociais e a recomendación de traballar desde as casas.

Comentarios