A crise migratoria na fronteira greco-turca retrata o rol da UE

Unha familia de migrantes, no domingo, acabada de chegar á illa de Lesbos tras cruzar o Mar Exeo (Angelos Tzortzinis / dpa)
A presión migratoria provocada polo conflito en Siria está a sobrepasar a capacidade de Grecia e de Turquía e fixo rexurdir unha crise cuxa solución quixo adiar a UE en 2016 pagando un cheque ao Goberno turco.

"A partir de agora, non aceptaremos ningunha nova solicitude de asilo durante un mes. Invocamos o artigo 78.3 do Tratado de Funcionamento da UE (TFUE) para asegurar o completo apoio europeo", anunciou o domingo o primeiro ministro grego Kyriakos Mitsotakis

A UE escenificou onte ese apoio coa visita da presidenta do Executivo comunitario, Ursula von der Leyen, á zona fronteiriza con Turquía, onde nas últimas horas un meniño morreu tratando de chegar á illa de Lesbos. Ademais, saíu á luz un vídeo en que os gardacostas gregos tentan envorcar unha lancha con inmigrantes antes de golpealos con paus.

A decisión de Grecia foi criticada pola Alta Comisión das Nacións Unidas para as Persoas Refuxiadas (ACNUR). O organismo lembrou que nin a Convención de 1951 nin as leis da UE provén base legal para a suspensión da recepción de solicitudes de asilo, e que a invocación do TFUE require do paso pola Eurocámara e da aprobación do Consello Europeo.

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube.