Gabriel Attal, novo primeiro ministro de Francia tras a renuncia de Borne

Macron nomea un dos seus homes de confianza.
O nomeado como novo primeiro ministro de Francia, Gabriel Attal (Foto: Luc Nobout / Europa Press / Contacto).
photo_camera O nomeado como novo primeiro ministro de Francia, Gabriel Attal. (Foto: Luc Nobout / Europa Press / Contacto).

O presidente de Francia, Emmanuel Macron, nomeou esta terza feira como novo primeiro ministro o até de agora responsábel de Educación, Gabriel Attal, que aos seus 34 anos converterase no xefe de Goberno máis mozo da V República.

O nomeamento de Attal chega despois da dimisión da súa predecesora Elisabeth Borne, a raíz do escándalo desatado en Francia pola polémica aprobación da Lei de inmigración co apoio da ultradereitista Agrupación Nacional de Marine Le Pen.

Macron recorre así a un dos seus ministros de maior confianza, quen proseguirá unha precoz carreira política que comezou da man propio presidente da República cando fundou o seu movemento político.

Attal terá como primeiro reto relanzar a imaxe do Goberno de cara á segunda metade do quinquenio de Macron, comezando nun ano clave, xa que este 2024 terán lugar os Xogos Olímpicos e as eleccións europeas. Todo nun contexto no que a estabilidade do Executivo viuse danada pola división no Parlamento, onde se propuxeron unha trintena de mocións de censura.

Comentarios