Alemaña intervén as tres refinarías do consorcio ruso Rosneft no seu territorio

A medida, que entrou en vigor esta sexta feira, prolongarase no mínimo seis meses 
gas factoria

O Goberno federal alemán tomou onte o control das tres refinarías que o consorcio enerxético ruso Rosneft xestiona en Alemaña. Coa finalidade de asegurar o funcionamento das refinerías situadas nas localidades de Schwedt, Karlsruhe e Vohburg, o Executivo xermano ordenou que o importador de cru Rosneft Deutschland (RDG) e a RN Refining & Marketing GmbH (RNRM) pasen a ser administradas de maneira fiduciaria pola Axencia Federal de Redes,segundo  anunciou o Ministerio de Economía.

A medida entrou en vigor esta sexta feira e será efectiva inicialmente durante os próximos seis meses. As propias empresas afectadas asumirán os custos da operación, subliñou o Ministerio que dirixe o verde Robert Habeck.

Rosneft, a segunda maior empresa pública rusa despois de Gazprom, controla de forma individual 12% da capacidade de refinamento alemá. Controla tres refinerías na Alemaña e emprega nese país 3.000 persoas.

"Garantir a seguridade enerxética"

Pola súa parte, o chanceler federal, o socialdemócrata Olaf Scholz, subliñou que a intervención das filiais de Rosneft "é un paso importante" para garantir a seguridade enerxética de Alemaña. "Aproveitaremos as oportunidades que ofrece esta decisión. O tempo de incerteza terminouse", afirmou Scholz, quen sinalou que se trata "dunha decisión en materia de política enerxética de amplas consecuencias para protexer o noso país".

O Goberno xermano anunciou investimentos de mil millóns de euros nos próximos anos para a supervivencia da planta de Schwedt, que até o de agora depende exclusivamente da subministración rusa. 

A petroleira rusa Rosneft cualifica de "ilegal" a nacionalización do Goberno alemán da compañía

Rosneft, a segunda maior empresa pública rusa despois de Gazprom, controla de forma individual 12% da capacidade de refinamento alemá. Controla tres refinerías na Alemaña e emprega nese país 3.000 persoas.

Comentarios