Alemaña fecha hoxe as súas últimas centrais nucleares

O 17 de xuño de 1961, unha central nuclear alemá forneceu electricidade á rede por primeira vez, Foi en Kahl (Baviera).

central nuclear alemaña

Alemaña fecha este sábado os seus tres últimos reactores nucleares. Para o Partido Verde, é un soño feito realidade.

A finais de marzo, a ministra de Medio Ambiente alemá, Steffi Lemke, do Partido Verde, utilizou unhas poucas palabras para poñer fin á disputa que mantivo en vilo ao país durante anos: "Os riscos da enerxía nuclear son, en última instancia, incontrolábeis; por iso o abandono nuclear fai que o noso país sexa máis seguro e evita máis residuos nucleares".

O ano pasado, o Goberno alemán volveu verse envolvido nunha disputa sobre a enerxía nuclear. No seu acordo de coalición, o gobernante SPD, Os Verdes e o FDP acordaran aterse á eliminación progresiva da enerxía nuclear en Alemaña, decidida baixo o mandato da chanceler Angela Merkel en 2011. En consecuencia, as últimas centrais nucleares debían fechar a finais de 2022.

Mais a guerra da Ucraína cambiou o escenario xa que interrompeu a subministración de gas ruso a Alemaña e o Goberno temeu unha escaseza de enerxía. O chanceler Olaf Scholz decidiu finalmente ampliar o período de funcionamento das centrais até de abril de 2023.

"Cremos que utilizar unha tecnoloxía de alto risco que non podemos controlar con seguridade e para a que non temos sequera un almacenamento temporal, por non falar de definitivo, é algo moi moi erróneo", di Martina Gremler, da Federación Alemá para o Medio Ambiente e a Conservación da Natureza.

O uso de enerxías renovables aumentou significativamente desde que Alemaña decidiu deixar de utilizar os seus centrais. A fusión dos reactores nucleares en Fukushima en 2011 desencadeou unha vagade preocupación pola seguridade que en Alemaña arrastrou mesmo os antigos partidarios da enerxía nuclear.

O 17 de xuño de 1961, unha central nuclear alemá forneceu electricidade á rede por primeira vez, Foi en Kahl (Baviera).

Despois de 22.596 días e acalorados debates, as tres últimas centrais nucleares alemás en funcionamento pecharanse este 15 de abril.

En total, 19 centrais nucleares fornecían ata un terzo da electricidade do país, aínda que a última vez que isto ocorreu foi hai uns 20 anos.

Nas décadas de 1970 e 1980 en Alemaña Occidental, antes da unificación alemá, a oposición á enerxía nuclear sacou á rúa por centos de miles de persoas.

Mais os distintos partidos gobernantes -os conservadores democristiáns (CDU), o SPD e o FDP- mantivéronse firmes no uso da enerxía nuclear durante moitas décadas.

Comentarios