A Galiza ignorada

O Reino de Galiza: unha etapa de esplendor (1157-1230)

A protección da música e da poesía, á que os dous reis eran afeccionados, provocaría unha eclosión do uso literario do galego-portugués.
Fernando II, nunha miniatura do Tombo A da catedral de Compostela. (Foto: Catedral)
photo_camera Fernando II, nunha miniatura do Tombo A da catedral de Compostela. (Foto: Catedral)

Na catedral de Santiago hai un Panteón Real. Nel están as tumbas, entre outros, de dous reis de Galiza, pai e fllo, respectivamente: Fernando II (1157-1188) e Afonso VIII (1188-1230). Nados, educados e co centro do seu poder aquí, simbolizan unha etapa de esplendor en todas as ordes. Fernando II viu acabado o Pórtico da Gloria, esa portentosa obra artística, dirixida polo Mestre Mateo e realizada polo seu taller, coa colaboración económica real. Aínda vinte e tres anos máis tarde (1211) , o seu pai, Afonso VIII, presidiría a solemne consagración do templo.

A protección da música e da poesía, á que os dous reis eran afeccionados, provocaría unha eclosión do uso literario do galego-portugués, da que os Cancioneiros son mostra. Os dous reis, e de forma especial Afonso VIII, concederon foros a numerosas vilas do interior e da costa, impulsando así o comercio e a organización de concellos. Reinando Fernando II, o Papa Alexandre III emitiu a bula Regis Aeterni que estabelecía os anos que se podía gañar o xubileo peregrinando a Santiago por camiños que eran itinerarios de comercio. O Reino contaba coas cecas de Santiago, Lugo e A Coruña para bater moeda.

A estratexia política dos dous reis foi casar con princesas portuguesas. Fernando II, coa súa curmá Urraca, flla de Afonso Henriques, coa que terá ao seu sucesor Afonso VIII. O Papa, aducindo proximidade de parentesco, excomungounos, obrigando a romper o matrimonio. Afonso VIII casou tamén con princesa portuguesa, Tereixa Sánchez, flla maior de Sancho I de Portugal, coa que terá un varón e dúas mulleres. De novo a intervención papal, instigada polo rei de Castela, obrigou á disolución tras os esposos seren excomungados e interditos os reinos de Galiza e Portugal...

Ningún dos dous reis, sendo os máis poderosos da Península, eran favorábeis a lanzar cruzadas co amparo do Papa contra o mundo musulmán. Isto non fxo máis que aumentar a hostilidade de Roma contra eles, especialmente contra Afonso VIII. Morto en Sarria, o 24 de setembro de 1230, foi soterrado na catedral compostelá. Deixou ben fxada a sucesión (Tratado de Baroncelli con Portugal), nas súas fllas con Tereixa (o primoxénito Fernando infelizmente morrera), Dulce e Sancha. Tratábase de escorrentar a opción castelá que representaba o seu fllo, tamén de nome Fernando, habido coa súa segunda muller, Berenguela de Castela. Infelizmente unha serie de alianzas e presións colocaron como rei de Galiza ao que vai ser coñecido como Fernando III “el Santo”.

Máis en Información do Reino
Comentarios