domingo 23/01/22

Voceiro de Esquerda Unida en Arteixo recoñece que votou a Rajoy “porque con Zapatero as cousas estaban moi mal”

Antonio López, cun amplo pasado en CCOO, recoñece que votou polo Partido Popular. Excedémonos dando a maioría absoluta a Mariano”, recoñece. Portavoz de Esquerda Unida en Arteixo, destaca desta formación “a idea de que outra política é posíbel”.

 

Antonio López é o voceiro de Izquierda Unida en Arteixo. Nunha entrevista en La Voz de Galicia, López califica a Rajoy de “estafa”, para engadir de seguido que “recoñezo que eu lle votei para botar do goberno a Zapatero”.

A preguntas do xornalista, o novo rostro de EU-IU en Arteixo resposta: “Fíxeno (votar a Rajoy) porque con Zapatero as cousas estaban moi mal. Mais excedémonos ao dar a maioría a Mariano”.

“Tamén votei por Beiras e no seu día por Paco Vázquez"

Nese punto, sinala que “tamén votei por Beiras e no seu día por Paco Vázquez. Creo que a política é para o pobo que é quen ten que decidir”.

Outra política é posíbel

Antonio López recoñece na entrevista co xornal coruñés que o que máis lle atrae de Izquierda Unida é que “é asemblearia” e defenden que “outra política é posíbel”.

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Voceiro de Esquerda Unida en Arteixo recoñece que votou a Rajoy “porque con Zapatero as...
comentarios