O seguimento na rede do voto por correo para as europeas exclúe o galego

Correos exclúe na súa páxina web a posibilidade do galego na información e seguimento da participación nos comicios europeos de maneira non presencial a través da rede.O prazo para a solicitude do voto por correo iniciouse o día 1 de abril. 

Correos
photo_camera Correos

A información para realizar o voto por correo na rede que permite, entre outras operacións, realizar o seguimento de envíos a través do localizador, atópase unicamente en español, sen dar ningunha posibilidade ao seu manexo en galego. 

Desde a páxina web de Correos está xa operativo un apartado para o seguimento e información xeral das condicións de voto por correo que indica que o prazo está aberto desde o un de abril até o día 15 de maio. As persoas que opten por esta vía recibirán a documentación entre o 5 e 18 de maio e terán que remitir o voto do 5 ao 21 de maio. 

Comentarios