Un total de 296 animais varados de especies de fauna mariña ameazada chegaron no pasado ano a nosa costa, asistidos polas Unidades Móbiles de asistencia da Rede de Varamentos de Galicia. Un 80% son cetáceos, un 13% lobos mariños, 5% tartarugas mariñas e un 1% correspóndense a outras especies como as quenllas.
A situación amainouse neste inicio do 2015 debido á menor intensidade dos temporais e, desta maneira, até o momento foron rexistrados 20 casos diante dos 200 do pasado ano.
Cifio en Ortigueira
Como o pasado ano, onte mesmo apareceu na praia de Picón, Ortigueira, un exemplar de cifio común de cinco metros, unha especie de augas profundas que vive lonxe da costa ao que se lle vai practicar a necropsia. Dos 25 exemplares que vararon desde 1990 un 70% presentaron plásticos nos seus estómagos o que, para moitos deles foi causa da morte.
“A aparición destes casos debería levantar as nosas alarmas xa que estes plásticos son recollidos por estes animais en profundidades de entre 500 e 300 metros e moi lonxe da costa. Se alí se atopan estes elementos é que algo se está facendo mal, moi mal”, valoran desde a Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños, Cemma.